
Detalles
Albino Mallo
Rosalía Pequeniña é o novo libro-disco de Uxía, presentado por Editorial Galaxia
Tralo éxito de María Fumaça, e no ano de Rosalía de Castro, Uxía móstranos, acompañada de amig@s da música como Cés, Isaac Palacín, Habelas Hainas ou Magín Blanco, que se pode cantar a Rosalía para os máis pequenos e pequenas da casa ofrecéndolles un material musicalmente moi potente.
O resultado deste proxecto é un libro-disco, fermosamente ilustrado por Marina Seoane, que garantiza o baile, a festa e a poesía toda do talento inmenso de Rosalía.
En Rosalía Pequeniña achegarémonos a unha nova Rosalía, feminina e singular. As músicas, combinan á perfección ritmos e estilos, dende as tonadas máis festeiras aos sons máis atrevidos.
Pola súa banda, os músicos que colaboraron, axudan a darlle á feitura final un aire dinámico que vai engaiolarnos dende o primeiro tema que chegue ás nosas orellas.
Rosalía Pequeniña é un libro-disco para reivindicar,pegado ao pracer musical, unha Rosalía pirata e loitadora que vai ser moi do agrado dos pequechos que a descubrirán nunha nova perspectiva sorprendente.
Todo elo unido a unha música que conectará de cheo coas cativas e cativos, que lles fala directamente, de ti a ti, desde o seu universo infantil e sen artificios. Unhas músicas que, aos adultos e adultas vailos levar, tamén, á súa nenez máis feliz.
Se foron milleiros os nenos e nenas que cantaron con María Fumaça, desta volta, non han ser menos os que disfrten con este novo libro-disco.
- FECHA: 09/05/2013
- FUENTE: Albino Mallo
Cif: B-15731250 - Tel: 981 230244 - Fax: 981 908103 - Dirección: Avenida de Arteixo 25-1, 1º - C.P.:15005 A Coruña.

Fembiella Arts

